Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa o ciclo Soa Forte esta fin de semana en Ribadeo

 Ribadeo, 25 de setembro de 2020. A Concellaría de Cultura programa para esta fin de semana, continuando co ciclo Soa Forte, dous concertos. O venres, ás 19:00 horas, no Cine Teatro (debido á previsión de chuvia anunciada) actuará Gabriel McKenzie. O prezo das entradas é de 3 euros e poderán mercarse dende media hora antes do evento na billeteira.
O sábad0 ofrecerá un concerto Paraíso Canto. Será a partir das 19:00 horas e celebrarase no Forte de San Damián, en caso de choiva trasladarase ao Cine Teatro. O prezo da entrada é de 3 euros e poderán adquirirse desde media hora antes do evento.
Estas actividades desenvolveranse con capacidade reducida e cumprindo as medidas sanitarias derivadas do Covid-19.

Exit mobile version