“Trátase de actuacións importantes e moi útiles para o centro de ensino público de Infantil e Primaria de Ribadeo que consistiron na instalación dun ascensor en substitución do montacargas”. Esta actuación que contribúe a mellorar a accesibilidade deste colexio público completouse coa mellora da canalización dos aseos da área de Educación Infantil e do teito do edificio “para evitar filtracións de auga e a aparición de humidades no interior do centro”.
Vega destaca así o compromiso do Goberno galego coa mellora das instalacións públicas do noso municipio que son da súa titularidade; así coma “a acertada xestión que fixo posible completar estas obras durante o verán aproveitando o período non lectivo para tratar de entorpecer o menos posible a actividade do colexio”.
O voceiro do Grupo Municipal Popular ribadense asegura que “continuaremos a escoitar as propostas da comunidade educativa e dos pais e nais dos alumnos do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo”; así coma aquelas outras iniciativas que nos fagan chegar dende calquera colectivo ribadense.