Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega, reuniuse este mércores co presidente de asociación Día de Galicia en Asturias, Manuel Fernández Quevedo

 Ribadeo, 17 de setembro, 2020.O deputado autonómico e concelleiro do PP de Ribadeo, Daniel Vega, reuniuse este mércores co presidente de asociación Día de Galicia en Asturias, Manuel Fernández Quevedo, co obxectivo de reforzar os lazos de unión entre Galicia e Asturias e potenciar o traballo conxunto nos ámbitos económico, industrial, turístico e tamén en relación aos sectores primarios. Nesta ocasión, abordaron especialmente a proxección do Xacobeo para ambas comunidades. No encontro tamén participaron Teresa Mallada e Pablo Pire, voceira do Grupo Provincial do PP na Xunta Xeral do Principado e deputado do PP por Asturias e vicepresidente segundo da Xunta de Asturias, respectivamente.

Ribadeo é o punto de unión entre Galicia e Asturias e, como tal, Vega aposta por desenvolver actividades na vila de cara á súa proxección. “O que hai que facer nestes momentos é potenciar Ribadeo e a súa economía”, di Daniel Vega.

Exit mobile version