Pasados xa catro anos desde a formación da entidade, a primeira Directiva do Club focego realizou, nesta xuntanza cos seus socios e atletas, un exhaustivo balance do traballo realizado ata o momento. Estes primeiros anos de vida do ‘Ría de Foz’ estiveron caracterizados pola expansión e consolidación do proxecto: aumento da base de atletas das categorías inferiores e dos adultos, federación do Club, participación destacadas en diferentes competicións, organización de diversos eventos deportivos no concello etc. Ademais, a nova dirección trazou as novas liñas a seguir para os vindeiros catro anos.
Nesta I ASEMBLEA XERAL tamén se renovou a Directiva do Club. Por unanimidade dos asistentes, saíu escollida a seguinte xunta:
-Presidente: Manuel Eiras
-Vicepresidenta: Rosalía Rodríguez
-Secretario: Marcos Loureiro
-Tesoureira: Esmeralda Cuba
-Vocal: Ana Lorenzo
Deste xeito, a nova directiva do ‘Ría de Foz,’ continúa a ser a dirección máis nova de Galiza e maioritariamente feminina.
Os novos cargos electos quixeron agradecer a confianza que os atletas e socios da entidade depositaron neles e tentarán devolvelo con esforzo e traballo para que o proxecto deportivo do ‘Ría de Foz’ siga a medrar.