Site icon Crónica3.com A Mariña

Este martes, Día da Patroa, en Ribadeo, os Cocos farán un percorrido polo centro da vila

 Ribadeo, 7 de setembro de 2020. A Concellaría de Cultura organiza diversas actividades para mañá, 8 de setembro, con motivo da celebración do Día da Patroa.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, lembra que “a pesares das limitacións marcadas polo Covid, se cumprirá coa tradición e pola mañá sairán Os Cocos. A Coca e o Coco estarán acompañados polos grupos de gaitas Amigos da Gaita e Illa Pancha. Ás 11:45 horas sairán da oficina de Turismo para facer un percorrido polas Catro Rúas e o primeiro tramo de San Roque. Farán unha parada na praciña de San Roque, onde se porá un valado que protexerá aos bailadores e bailadoras, e despois seguirán polas rúas Ramón González, Doutor Moreda, Avenida de Asturias e Rúa San Francisco”.
A edil ribadense engade que “ás 12:00 horas dará comezo a misa, na que actuará a Coral Polifónica de Ribadeo. Ao remate, sobre as 12:50 horas, haberá unha actuación de Amigos da Gaita e Illa Pancha diante das escaleiras da igrexa parroquial e actuación final será no Cantón”.
Desde o Concello subliñan que “este 2020 está a ser un ano atípico, por este motivo e pola falla dunha comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo, esta noite non haberá a tradicional sesión de fogos artificiais do 7, que era un dos pratos fortes destas datas”.

Exit mobile version