Site icon Crónica3.com A Mariña

Experiencia e profesionalidade, unha tempada máis no corpo técnico-médico de Juanma Marrube

 Burela, 11 de setembro, 2020. Juanma Marrube volverá estar arroupado por un corpo técnico-médico avalado pola experiencia e profesionalidade para o novo reto en Primeira 2020-21, polo grupo e a filosofía de traballo dos últimos anos.

O director da Escola Pescados Rubén Burela FS, Alfonso Mera, seguirá estando cóbado con cóbado xunto a Juanma como preparador físico, ademais do adestrador de portería Míchel Couceiro. Tulio García asumirá a súa segunda tempada na área de fisioterapia, apoiado no día a día por Xurxo Rodríguez e co reforzo da clínica L2 Fisioterapia.

O médico Francisco Javier Fernández Couce, á fronte do Protocolo Covid-19 da entidade laranxa, seguirá coordinando todo o relacionado coa saúde do equipo, co podólogo Miguel Murias e a nutricionista Cristina Pérez Rodil, dende a súa clínica Come&Sana.

Completando o grupo de traballo do Mariskal, incorpóranse como delegados Casiano Engroba e Miguel Murias, coa axuda de Anselmo Otero como auxiliar e o apoio nestas tarefas dos directivos Luis A. Guillén e Antonio Ródenas.

Exit mobile version