Para Fuente Parga é evidente que as actuais circunstancias estimulan o asentamento de novos veciños en Barreiros. Explica: “Este feito dáse porque hai vivenda dispoñible, chámese segunda vivenda ou como se queira; pero haina”. Engade: “E como hai vivenda, Barreiros benefíciase dalgunhas dinámicas derivadas da crise sanitaria, unha delas, o teletraballo. Senón houbera vivenda dispoñible, pois seguramente non se podería aproveitar esta circunstancia. Iso é o que non di a alcaldesa, porque non lle interesa, porque isto de hoxe é o resultado do traballo durante anos dos equipos do PP no Concello”.
O portavoz municipal resume: “Estes son os froitos cultivados polo traballo dos gobernos do PP en Barreiros”.