Esta entrega enmárcase na repartición de material sanitario acordado entre os ministerios de Política Territorial e Sanidade coa Federación Española de Municipios e Provincias. Á provincia de Lugo correspóndenlle 108.000 máscaras en total.
A subdelegada do Goberno en Lugo destacou o traballo e o compromiso da ministra Carolina Darias e do ministro Salvador Illa. Tamén subliñou o papel do presidente da FEMP, Abel Caballero, para poder levar a cabo esta iniciativa.
As catro provincias galegas teñen 862.000 máscaras. A Coruña recibe 358.000, Pontevedra, 300.000; e Ourense, 96.000. Estas reparticións dan continuidade aos realizados previamente durante o estado de alarma, cando o Goberno entregou 1,5 millóns de máscaras ás galegas e os galegos.