Site icon Crónica3.com A Mariña

Javier Arias subliña a vontade da Xunta de “redobrar esforzos” para que a Mariña siga crecendo como destino turístico

 Lugo, 23 de setembro de 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da proposta turística “Cociñando A Mariña lucense”, que promove a Mancomunidade de Municipios mariñá -coa colaboración da Federación de Comercio da comarca- para impulsar o xeodestino.

O delegado gabou esta iniciativa, que “engade autenticidade” á oferta gastronómica apostando polo rural e polos pequenos produtores locais; consistirá na elaboración de vídeo-receitas por parte de hostaleiros da zona e un concurso de cociña nas redes, utilizando en todo caso alimentos de proximidade. O proxecto será financiado con cargo ao convenio que subscribe a Xunta coa Mancomunidade para a xestión do xeodestino.

Neste sentido, o delegado lembrou que este ano incrementarase a achega autonómica nun 12%, ata alcanzar os 92.000 euros. Igualmente, sinalou que o Goberno galego está traballando na posta en marcha de novas experiencias turísticas na Mariña, no marco do convenio asinado con turoperadores galegos, e pretende que a comarca se converta nun dos primeiros territorios galegos no que se poña en marcha un Plan de Sustentabilidade Turística.

Exit mobile version