Site icon Crónica3.com A Mariña

Javier Losada expresa a súa “decepción profunda” con Alcoa e insiste en seguir loitando para que “entre en razón”

 A Coruña, 28 de setembro de 2020. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, insistiu hoxe na necesidade de seguir loitando con unidade para que “Alcoa entre en razón” e permita a continuidade da planta de aluminio primario en San Cibrao baixo a titularidade doutra compañía.
Javier Losada mostrou a súa “decepción profunda” con Alcoa, xa que “sobre a mesa había solucións” para a situación actual da planta que a empresa rexeitou reiteradamente “levando aos traballadores a un conflito innecesario” e “actuando de mala fe”.
En declaracións aos medios, o delegado destacou a unidade alcanzada polos gobernos central e autonómico e os traballadores na dura negociación para solucionar este conflito e considera que esa unidade é clave para alcanzar unha solución. Ao mesmo tempo lembrou que o Goberno traballou para conseguir un acordo “poñendo sobre a mesa todas as posibilidades xurídicas e legais que nos permite o noso Estado de Dereito e as indicacións das Unión Europea”.
Finalmente reiterou que Alcoa “terá que asumir as consecuencias da súa cerrazón”.

Exit mobile version