García Porto sinalou que “estas xornadas que dende a Deputación de Lugo adaptamos á nova normalidade co fin de promocionar o turismo de proximidade e de natureza desenvolvéronse sen incidencias. Foron un total de 664 nenos e nenas, nun rango amplo de idade, os que se achegaron ás diferentes actividades acuáticas de kaiak, paddle surf, inchables e outros xogos nas contornas fluviais, o que significa que este proposta tivo unha moi boa acollida”.
“Para garantir a seguridade fronte á Covid-19, aplicouse un rigoroso protocolo de prevención coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias. A participación foi por grupos cun aforo reducido de 10 persoas. Contouse coa presenza dun axente anticovid para controlar as medidas preventivas e a desinfección do material da zona” engadiu a Deputada.