Site icon Crónica3.com A Mariña

Mercedes Prieto Fernández, veciña de Trabada e usuaria do Centro de Atención a Maiores que a Deputación ten nesta localidade, celebrou este xoves o seu 100 aniversario

Foi a protagonista neste día onde ela escolleu para o xantar cos seus compañeiros e compañeiras a súa comida favorita: caldo e enfariñada. Pola tarde, traballadores e usuarios realizaron unha merenda especial para celebrar todos xuntos a festa do centenario. Ademais, Mercedes recibiu a visita da súa familia, que de forma excepcional e seguindo unhas medidas moi estritas de distanciamento e protección fronte á Covid-19, a acompañaron nesta data tan especial.

Exit mobile version