Site icon Crónica3.com A Mariña

O CCA – Atletismo Ría de Foz celebra este venres unha xuntanza para planificar a tempada

 Foz, 23 de setembro, 2020. Este vindeiro venres, día 25 de setembro ás 20h na Casa da Cultura de Foz, a directiva do Club Atletismo ‘Ría de Foz’ convoca unha REUNIÓN INFORMATIVA ABERTA para comentar, con todo luxo de detalle, a planificación da nova tempada deportiva 2020/2021, marcada pola pandemia da Covid-19, tanto a nivel de PÍCAROS como de ADULTOS: horarios de adestramento, probas nas que competirá o club, equipacións, novos retos, eventos deportivos etc. Ademais, resolveranse todas as dúbidas que se formulen por parte dos asistentes.

A xuntanza está aberta a todas as persoas interesadas no proxecto.

Exit mobile version