Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Atletismo Ribadeo logrou 13 medallas no Campionato de Galicia Máster de Pista ao Aire Libre

 Ribadeo, 28 de setembro de 2020. O Club Atletismo Ribadeo logrou 13 medallas (3 de ouro, 5 de prata e outras 5 de bronce) no XXXIII Campionato de Galicia Máster de Pista ao Aire Libre celebrado en Pontevedra este pasado sábado.
O Club Atletismo Ribadeo presentou un equipo de 5 atletas, que “acadaron éxito pleno neste campionato ao colgarse todos os seus integrantes medallas nalgunhas das probas nas que participaron, mesmo 4 atletas obtiveron pleno de medallas nas tres probas nas que podían competir”, explica a directiva do club.
Rocío Díaz Mesa proclamouse subcampioa galega en 800 metros lisos e obtivo sendas medallas de bronce en 5.000 metros lisos e 400 metros lisos.
Emilio González Fernández logrou o subcampionato galego en altura, lonxitude e tripo salto.
José Fernández obtivo medalla de bronce en 400 metros lisos.
Emilio Fernández Rodríguez proclamouse campión galego en 400 metros lisos e medalla de bronce en 100 metros lisos e 200 metros lisos.
E Ana María Ferradás Barrera proclamouse campioa galega en peso e xavelina e medalla de prata en disco.

Exit mobile version