Campos Conde remarcou que esta iniciativa “é un clara aposta do goberno municipal da Pontenova en prol de preservar a nosa fauna e noso medio ambiente, e para coñecer así de xeito pormenorizado e científico que pasa exactamente co río Éo para que ano tras ano as cifras de troitas e salmóns, diminúan, o que conlevaría a extinción destas especies, algo que sería letal para a nosa Comarca”, advertiu.
O río Éo temos que preservalo, mimalo e coidalo
O rexedor afirmou que “o río Éo é vital no futuro da nosa vila, e entre todos temos que preservalo, mimalo e coidalo, aínda que non sexa unha competencia local. Hai que lembrar que o noso Concello sempre foi un punto de encontro e un referente para os pescadores de toda España. Por iso temos que seguir impulsando propostas e iniciativas que contribúan a mellorar a nosa Comarca e noso medio ambiente”, remarcou.