Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de cervo e Adamo comezan a despregar no municipio a fibra óptica máis rápida do país

 Cervo, 23 de setembro de 2020. O Concello de Cervo e a operadora Adamo, veñen de formalizar un convenio de colaboración para implantar a fibra óptica coa velocidade máis rápida de España (1000 Mb) no municipio.
Os traballos de despregue xa comezaron no núcleo de Cervo e de San Ciprián –onde máis de 600 domicilios xa poderían desfrutar do servizo-; pero a intención é que a banda longa chegue ao máximo número de veciños posible, con especial atención á zona rural.
Tal e como precisou o rexedor Alfonso Villares, durante a sinatura do convenio co responsable de Adamo Zona Norte, David Llano, na que tamén estivo presente a edil de Educación, Dolores García Caramés, “a chegada deste operador abre o abano de posibilidades á nosa veciñanza e suporá un importante salto cualitativo na capacidade e na velocidade de acceso a Internet dos fogares cervenses, como servizo clave para o desenvolvemento social e empresarial da zona nun intre no que a conexión a internet é, ademais, algo esencial”.
Grazas ao despregue desta fibra óptica, os veciños poderán desfrutar da internet máis veloz de España, con velocidade de 1000 Mb de descarga e 600 Mb de subida.

Exit mobile version