Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo xa ten todo preparado para o novo curso das Escolas Deportivas Municipais de adultos que arrincará este xoves 1 de outubro

 Cervo, 28 de setembro de 2020. O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes que dirixe David Rodríguez, xa ten todo disposto para o inicio da nova tempada das Escolas Deportivas Municipais de adultos que arrincarán o vindeiro xoves, 1 de outubro, cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.

Tal e como explica Rodríguez “delimitamos parcelas individuais tanto no Ecomuseo en Cervo como na Cada do Mar en San Ciprián, para garantir a distancia de seguridade á hora de facer cada actividade; e establecemos puntos de desinfección en cada unha das aulas nas que impartiremos ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba, actividades coordinadas por Belinda Fra, co apoio do seu equipo de monitores profesionais”.

Desde o Concello recordan que o uso da máscara será obrigatorio en todo momento; así como desinfectar o material utilizado unha vez rematado o exercicio; ademais o protocolo establece que as persoas usuarias deberán levar un segundo calzado e mudarse antes de acceder á zona de exercicio.

Exit mobile version