Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo inicia os trámites para eliminar un punto de feísmo e mellorar a seguridade en Río de Sixto

 Mondoñedo, a 17 de setembro de 2020. Mellorar os núcleos urbanos, facelos máis cómodos para lograr máis calidade de vida para os cidadáns, esixe planificación, sensibilidade e aproveitar as oportunidades que van xurdindo. Nesa liña, o Concello de Mondoñedo tenlle declarada a guerra ao feísmo urbanístico, en todas as súas formas, e unha delas son esas partes urbanas que están sen rematar. Para mellorar a cidade, e tamén a seguridade, o goberno municipal de Mondoñedo inicia os trámites para eliminar un punto de feísmo en Río de Sixto.
O Concello actuará no espazo comprendido entre o camiño coñecido como Río de Xisto e a Rúa da Rigueira. Hoxe este terreo está cuberto de maleza, ata o punto de que as dúas fincas que conforman este espazo foron medidas conxuntamente, porque era imposible apreciar a divisoria entre as dúas, que pertencen a un mesmo propietario. Ambas colindan con vías públicas e teñen peches de pedra e formigón prefabricado en case todo o seu perímetro.
Ademais da mellora que suporá esta intervención no terreo puramente urbanístico, tamén mellorará a seguridade nesta parte da cidade. Quedará así adecentado un tramo do viario urbano que forma parte dos itinerario do Camiños Xacobeo.

Exit mobile version