Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo informa que a Unidade Móbil da ITV levará a cabo unha inspección técnica de ciclomotores os días 8, 9 e 13 de outubro

Terá lugar na antiga estación de autobuses, detrás das vivendas sociais (na Ronda do Cárcere). O horario de mañá será dende as 9.00 horas ata as 13:30 horas e de tarde de 15:15 a 18:00 horas. A cita poderá concertarse a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00. Ademais, subliñan que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspeccións regulamentarias.

Exit mobile version