Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro convocou unha reunión, que terá lugar o 30 de setembro, coa finalidade de comezar a traballar na elaboración dun Plan de soterramento das liñas eléctricas no casco histórico

Esta convocatoria realízase en virtude do acordo adoptado polo pleno da Corporación en data 12 de novembro de 2019, a partir dunha moción presentada polo concelleiro de Son Viveiro. A intención é crear unha mesa de traballo composta polos responsables das compañías de electricidade e telefonía, o persoal técnico municipal e as e os portavoces dos diferentes grupos políticos, para a elaboración do citado plan do soterramento.

Exit mobile version