Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro foi escenario da primeira reunión da comisión encargada de comezar a traballar na elaboración dun Plan de soterramento das liñas eléctricas no casco histórico

Esta convocatoria realizouse en virtude do acordo adoptado polo pleno da Corporación en data 12 de novembro de 2019, a partir dunha moción presentada polo concelleiro de Son Viveiro. A comisión de traballo está composta polos responsables das compañías de electricidade e telefonía, o persoal técnico municipal e as e os portavoces dos diferentes grupos políticos. Haberá máis reunións nas próximas semanas para a elaboración do citado plan do soterramento.

Exit mobile version