Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha primeira xuntanza institucional coa subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, no marco da rolda de visitas que o responsable autonómico ten previsto realizar nas próximas semanas aos principais representantes das institucións luguesas

Arias manifestou o propósito da Xunta de seguir mantendo a liña de colaboración entre ambas administracións co obxecto de mellorar servizos públicos e impulsar sectores importantes para a economía da provincia. Nese sentido, o delegado territorial apelou á necesidade de manter un diálogo constante e seguir traballando de xeito coordinado en beneficio da cidadanía, unha colaboración que se concreta en asuntos como o ámbito da seguridade, os servizos de emerxencias ou a mellora das infraestruturas.

Exit mobile version