Dende o Concello defenden así a necesidade de salvar a factoría de San Cibrao coa venta da mesma á Liberty House, sen esquecer a importancia de que o Goberno central fixe un prezo eléctrico competitivo mentres non se desenvolvan os proxectos de renovables que estaban previstos.
O executivo acompañará, por tanto, ao comité de empresa e a todos os asistentes que se sumen á concentración, agardando que, finalmente, o proceso iniciado hai meses pola multinacional, e no que se contemplaba o despedimento inmediato de máis de 500 operarios, se resolva da forma máis satisfactoria posible, xa que, de non ser así, a economía e o desenvolvemento da comarca se verían lastrados notablemente.