“O organismo que regula a concesión da bandeira azul incluso recomendaba este ano non abrir duchas e servizos nas praias en todo o verán pola crisE sanitaria do coronavirus, pero no concello decidimos abrilas cun plan especial de limpeza e desinfección diaria”, explica o concelleiro e portavoz do grupo de goberno, Jesús Fernández.
“Supuxo un sobrecusto pero no concello consideramos importante que as praias contasen con todos os servizos, unha medida destinada ademais a axudar ao sector da hostalería e o turismo en xeral”, engade Fernández.
“O PP critica sen saber e sen informarse, hai moitos concellos que non abriron os servizos nas praias ou os parques infantiles en toda a tempada estival; en Viveiro apostamos por facelo reforzando os servizos de limpeza e desinfección”, afirma Fernández.
“Viveiro tivo en xullo e agosto duchas, colectores de lixo nas praias que agora mesmo están nas proximidades dos areais e servizos limpos e desinfectados que seguen abertos, todas elas infraestruturas que requeriron dun operativo de limpeza específico”, remate o portavoz do grupo de goberno, que recomenda ao PP “que se informe antes de falar”.