O popular atribúe o estado destas instalacións ao “pasotismo” do goberno local, pois esta non é a primeira vez que dende este Grupo Municipal demandan actuacións urxentes nas mesmas. E é que, explica o concelleiro, o terreo de xogo presenta deficiencias claras debido á existencia de fungos e dun mantemento axeitado.
Neste senso, Suárez indica que “non é de recibo” que o campo estea tan deteriorado, pois “non hai moito realizáronse obras no mesmo e para as que se contou coa participación económica doutras administracións”, a pesares, di, “de que o BNG se encargou de facelas súas, incluído o propio cartel e ridiculizando así a colaboración institucional recibida”.
Por todo elo, dende o Partido Popular de Ribadeo piden “responsabilidade, traballo e actuacións rápidas” en dito campo, co fin de que este reúna as condicións necesarias para poder ser empregado canto antes polo tecido deportivo local.