Site icon Crónica3.com A Mariña

O Proxecto Relevo2020 ultima a súa botadura

 Viveiro, 1 de setembro, 2020. Despois de máis de dous meses adicados á promoción e difusión, contacto con entidades colaboradoras e captación de alumnado o proxecto RELEVO 2020 preséntase nun ACTO que terá lugar o vindeiro xoves día 3 de setembro ás 18h no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

A iniciativa que prevé comezar coas sesións presenciais entre o 15 e o 20 de setembro, diríxese a mozos e mozas maiores de 16 anos que estean empadroados nalgún dos 50 concellos que conforman os territorios dos cinco GALP promotores (ver información en relevo2020.org).
O proxecto desenvolverase en dous cuatrimestres (o primeiro de setembro a decembro de 2020 e o segundo de xaneiro a abril de 2021) e contará con 30 prazas en cada un dos territorios, que serán cubertas por orde de inscrición e atendendo a un reparto homoxéneo nos concellos dos territorios. Non é preciso contar nin con titulación vinculada ao sector pesqueiro nin con experiencia previa no mesmo.

O equipo docente estará formado por profesionais do eido das Ciencias Experimentais e das Ciencias Sociais que desenvolverán un programa formativo centrado no coñecemento do sector e na titorización persoal de cada alumno e alumna de cara a asesoralo e encamiñalo no seu futuro laboral.

As sesións impartiranse a través de seminarios formativos, titorías, saídas de campo, encontros con mozos e mozas con experiencia e encontros con profesionais do sector e terán unha frecuencia semanal.
O programa xa conta con inscritos no territorio de todos os GALP participantes.

Sobre o programa do Acto de Presentación.

Na mesa inservirán:
María Vales, Presidenta do GALP Ría de Arousa, grupo coordinador dos grupos promotores,
Susana Rodríguez Carballo, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro,
José Antonio Pérez Sieira, Presidente da Federación Galega de Cofradías de Pescadores,
Rosa Carballo, xerente do GALP Ría de Arousa e
María Calvo, Asistencia Técnica do proxecto.

Exit mobile version