
Encheron ata dez bolsas con refugallos de todo tipo, 45 quilos de lixo acumulado; e ata atoparon un peixe lúa morto… Lamentablemente non é un caso illado… Esta xornada súmase a outra acción medioambiental que realizaron días atrás no areal da Caosa na que tamén apañaron quilos e máis quilos de restos contaminantes que invaden os nosos espazos naturais.