Site icon Crónica3.com A Mariña

Os atletas do Egovarros-Viveiro acadaron dúas medallas de ouro e dúas de prata no campeonato galego de veteráns de pista ao aire libre

 Viveiro, 28 de setembro, 2020. O sábado celebrouse nas pistas do CGTD de Pontevedra o Campeonato Galego de Veteráns, onde se deron cita un importante número de atletas. Por parte do club de Viveiro participaron catro atletas.
A organización estivo a cargo da Federación Galega e baixo unhas estrictas medidas de seguridade, que o comité covid se encargaría de facer cumprir ó longo da xornada.
As medallas acadáronas no apartado femenino. Begoña de Arriba en W65, na proba dos 1500m proclamouse campeona galega, e o seu compañeiro Domingo Álvarez en M65 que se proclamou campeón galego na proba dos 400m e subcampeón nos 800m e 1500m.

Exit mobile version