Site icon Crónica3.com A Mariña

Os traballadores de Alcoa péchanse nos Concellos de Xove e Viveiro. Loureiro apoíaos e esixe á dirección da empresa “que deixe paso ao proxecto enerxético interesado na planta”

 Viveiro, 26 de setembro de 2020. Unha representación do comité empresa de Alcoa iniciou esta mañá un peche no Concello de Viveiro, esixindo unha solución para o seu futuro.

A menos de 48 horas para que termine o período de consultas entre Alcoa e GFG Alliance (Liberty House), o grupo de goberno de Viveiro apoia as reivindicacións e a decisión dos traballadores de pecharse no concello.

“Hai un proxecto enerxético viable que está interesado na planta, polo que pedimos a Alcoa que deixe paso, está en xogo o futuro de moitas familias da comarca”, sostén a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“Alcoa ten que vender, non pode deixar unha comarca rota, a Xunta e o goberno central están presionando tamén e entre todos hai que atopar unha solución”, engade Loureiro.

O peche impulsado polo comité de empresa de Alcoa produciuse nos concellos de Viveiro e Xove.

Exit mobile version