
Cervo, 9 de setembro, 2020. O martes, 15 de setembro reabren as instalacións con este horario de luns a venres: de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas. Sábados: de 9:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas. A reserva telefónica é obrigatoria no horario de apertura da instalación: 982 59 45 12. A reserva de praza pódese facer desde o luns, 14 de setembro. Aforo: máximo 24 persoas por franxa (que serán dunha hora e vintecinco minutos para favorecer a seguridade no momento do relevo)
Só se aceptarán reservas con 3 días máximo de antelación sobre a data desexada para facer uso do servizo
A máscara será obrigatoria sempre e en toda a instalación, salvo no momento do baño ou cando se estea realizando exercicio no ximnasio
XIMNASIO
.Uso obrigatorio de toalla persoal
.Se o precisas, trae a túa esteira
.Unha vez rematado o exercicio, desinfecta a máquina ou o material empregado co xel hidroalcólico dispoñible na instalación