Site icon Crónica3.com A Mariña

Puy cualifica de “decepcionante” a falta de acordo para a venta de Alcoa e avoga por “analizar todas as opcións para a continuidade da empresa”

 Santiago, 28 de setembro de 2020. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “decepcionante” o resultado das negociacións para a venda da factoría de Alcoa en San Cibrao e avogou por “analizar todas as opcións que, dentro do marco legal vixente, permitan a garantía da continuidade desta empresa e o mantemento dos postos de traballo”.

Pedro Puy lamentou que as negociacións para a compra da factoría de Alcoa en San Cibrao “non fructificaron nun acordo no prazo sinalado” e considerou “fundamental que se manteña tanto a produción como os postos de traballo”. Neste sentido, incidiu que tanto o Goberno galego como o PPdeG “seguirá ao lado dos traballadores na busca dunha solución que garanta a viabilidade desta factoría”, a única que produce aluminio primario en España.

MARCO PARA CHEGAR A UN ACORDO

Na súa intervención, Puy asegurou que “hai un marco para chegar a un acordo entre as dúas empresas” e sinalou que “non é de recibo que non se antepoñan os intereses dos traballadores e da propia economía española, non só polo impacto no emprego senón tamén polo proceso produtivo”.

O portavoz popular demandou que “o Goberno de España e da Xunta deben continuar traballando xuntos para atopar unha solución posible”, pero lembrou que “o marco eléctrico condiciona toda negociación entre as dúas empresas”. “Seguimos pensando que é necesario que haxa certeza sobre os prezos eléctricos, e consideramos que as empresas españolas non poden pagar o dobre que en Francia e máis do dobre que en Alemaña”.

Así mesmo, avanzou que “seremos construtivos e leais con quen procure unha solución para este conflito e esperamos que esta situación lamentable se resolva canto antes”, porque alertou que “outras empresas galegas poden entrar nesta dinámica se non se clarexa un horizonte de prezos da enerxía para as empresas electrointensivas, como Alu Ibérica, Celsa ou Xeal, a antiga Ferroatlántica en Cee-Dumbría”.

TRAMITACIÓN PROXECTOS DE LEI

Por outra parte, Pedro Puy salientou que “o Parlamento galego vai collendo ritmo no seu traballo”. Neste sentido, informou que o Goberno galego xa rexistrou os proxectos de lei de ordenación do territorio de Galicia e de pesca continental de Galicia, “e estamos pendentes de que entren os proxectos de lei de lei de impulso demográfico, de residuos e solos contaminados, de regulación da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia; ou de museos de Galicia”.

O Parlamento vai collendo ritmo no seu traballo. O Gobenro rexistrou dous textos lexislativos: a de ordenación do territorio e o proxecto de lei de pesca continental. Á epsera da entradadoutros textos importantes como …

Unha cuestión tratada polo grupo parlamentario foi a situación difícil na que se atopa a fábrica e os traballadores de Alcoa en San Cibrao. As negociacións para a venda non fructificaron nun acordo no prazo sinalado. Fundamental que se manteña a produción e o mantemento dos empregos. Seguiremos ao lado dos traballadores na busca dunha solución que garanta a viabilidade desta factoría.

Decepcionante esta situación. Hai un marco para chegar a un acrodo entre as dáus empresas. Non é de recibo que non se antepoñan os intereses dos traballadores e da propia economía española, non só polo impacto no emprego senon tamén polo proceso produtivo.

O gobenro de España e da Xunta deben continuar traballando xuntos para atopar unha solución posible. Marco eléctrico condiciona toda negociación entre as dúas empresas en cuestión

Seguiremos tratando de ser construtivos e leais con quen procura unha solución e esperamos que esta situación lamentable se resolva canto antes. Seguimos pensando que haxa certidume sobre os perzos eléctricos. Non se pode pagar o dobre que en Francia ou máis do dobre que en Alemaña.

Outras industrias que poden entrar nesta dinámica se non se clarexa este horizonte de perzos para as industrias electrointensivas, como Alu Ibérica…

NACIONALIZACIÓN
Desde o primeiro momento hai que analizar todas as opcións que, dentro do marco legal vixente, permitan a garantía da continuidade desta empresa. O propio Presidnete contemplou esta posibilidade. Os gobernos central e da xunta foron da man e hai que analizar todas as posibilidades.

Non se descarta que haxa contactos cos grupos da oposición. Nestes momentos o mellor é ser prudente en relación coas solucións e non contemplar outra posibilidade que dar continuidade á factoría de Alcoa e a súa capacidade de producir aluminio primario.

Exit mobile version