Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematadas varias obras de renovación do firme en pistas e camiños das parroquias de Magazos e Chavín

 Viveiro, 24 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro informa á veciñanza do remate das obras de reforma e renovación de varias pistas nas parroquias de Chavín e Magazos.
En concreto, os traballos, realizados pola Deputación a indicación do concello, foron no Camiño Corral, en Fondón, parroquia de Magazos; no Camiño á Carboeira, en Chavín, e no Camiño das Cancelas, en Iglesia, tamén na parroquia de Chavín.
O Concello de Viveiro acometeu nos últimos tres meses diferentes actuacións de mellora en viais do municipio e rotondas, ademais doutros traballos dirixidos a mellorar o tráfico de vehículos e peóns.
Varios camións da Deputación de Lugo traballaron en Viveiro a disposición do concello para adecentar diversas zonas.

Exit mobile version