Site icon Crónica3.com A Mariña

Valoración da Xunta sobre a mesa de Alcoa deste venres

Santiago de Compostela, 18 de setembro, 2020. O obxectivo principal da Xunta é desde o inicio que se manteña a actividade industrial en San Cibrao e, polo tanto, salvar os mil empregos que están en xogo. A Xunta, por iso, apela ao acercamento de posturas entre Alcoa e Liberty House e, así, llo trasladou a Alcoa na reunión celebrada hoxe. Non existe ningún obstáculo insalvable para avanzar na venda da fábrica de aluminio.

Do nivel de implicación de todas as partes dependerá que se acade este obxectivo. É preciso respectar as negociacións entre empresas, pero Alcoa debe ser consciente de que debe achegar posicións con Liberty para formalizar o acordo de compra-venda, buscando puntos de encontro e arranxando as cuestións que dificultan o peche da operación.

A Xunta mostrou de novo o seu compromiso de colaborar, da man do Goberno central, para poñer sobre a mesa os mecanismos de financiamento cos que conta para permitir que Liberty House poida desenvolver o seu plan industrial. Ao mesmo tempo, é preciso que o Goberno tamén avance na aprobación de medidas necesarias para garantir un marco enerxético estable e competitivo para toda a industria electrointensiva galega e os 5.000 empregos asociados.

Exit mobile version