Segundo explicaron, trataríase de construír unha grada con capacidade para un cento de persoas, para uso do público que se achega ao campo para seguir os adestramentos e os encontros dos equipos de base da entidade. Ademais, pediron a instalación de protectores no sistema de rego que sobresae na contorna do céspede.
Efrén Castro comprometeu a financiación da área de Deportes “para facer a obra que demandan desde a Asociación Deportiva Río Ouro e contribuír a que as instalacións ofrezan as mellores condicións posibles tanto para os nenos e nenas que empregan o campo como para as familias e afeccionados que os acompañan”. “Unhas infraestruturas seguras e que respondan as necesidades dos usuarios e usuarias facilitan a práctica do deporte, sobre todo nas categorías de base”, valorou o deputado durante o encontro, ao que tamén asistiron os concelleiros nacionalistas Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro.
A Asociación Deportiva Río Ouro xurdiu tras a desaparicién da Sociedade Deportiva Valadouro, para dar continuidade ao deporte de base no concello. Conta con preto de 60 nenos e nenas, desde biberón ata cadete.