Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes de Xove abre o prazo para solicitar árbores froiteiras e plantas ornamentais

Trátase dunha iniciativa que se ven desenvolvendo dende hai anos co fin de mellorar o medio natural do Concello e a contorna das vivendas. Poden acudir todas as persoas que estén censadas no Concello. Como novidade, tamén se abre a todos os propietarios de parcelas ubicadas no término municipal que non estén censados en Xove, cuxas parcelas estén afectadas pola faixa de protección de incendios de núcleos rurais, vivendas, etc. Neste caso só poderán solicitar árbores forestais autóctonas. O prazo de solicitude será do 3 de novembro ao 30 de decembro. Haberá que facelas nas oficinas do Departamento de Agricultura en horario de oficina, de 9:00 a 14:00 h.

Exit mobile version