Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación de Asociacións de Alfombristas galegas, nas que se atopa Burela, participou no Encontro Internacional que se celebra en Uriangato (México)

A Mariña, 8 de outubro, 2020. A Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera (FAGAARTE) participou no proxecto “ALFOMBRISTAS INTERNACIONALES UNIDOS EN LA TRADICIONAL OCTAVA DE SAN MIGUEL ARCANGEL”, organizado pola COORDINADORA INTERNACIONAL DE ENTIDADES
DE ARTE EFÍMERO, en combinación e apoio á Asociación LA OCTAVA NOCHE de Uriangato, estado de Guanajuato en México, coa participación de oito cidades de Galicia combinados nun proxecto virtual do que agora podemos exhibir os seus resultados ao público.
Dende aquí so podemos enviar o noso afectuoso saúdo, de xeito virtual, ao pobo de Uriangato, organizando a elaboración da súa alfombra nos seus locais e rúas de cada participante, por mor do estado de extensión da epidemia Covid-19. Posteriormente combinamos os resultados nunha única alfombra que resume coas imaxes de todo o realizado.
Para esta ocasión, participaron alfombristas de Antes (Mazaricos), Bueu, Burela, Cangas do Morrazo, Cerponzóns (Pontevedra), Moaña, Ponteareas e Rianxo, algunhas das que recordan con nostalxia e agradecemento a súa estancia nos pasados anos en Uriangato.
Os alfombristas galegos fixemos un esforzo de abstracción para resumir nunha alfombra os recordos vividos en México e presentar as tradicións que se viviron aos nosos paisanos. Así a alfombra resume consta dun emblema, do estilo do escudo da cidade de Uriangato, onde 7 trevos de 4 follas conteñen os deseños dos nosos, recordando as referencias do escudo de Galicia ás súas antigas sete provincias do Antigo Reino de Galicia, dos anos 1600 a 1700. Pola súa distribución, de arriba a abaixo e de esquerda a dereita, temos a parte máis aérea cos globos de papel que se elaboran para este festexo e as pombas debuxadas polas tradicións indíxenas, no centro no corazón sempre San Miguel, custodiado pola súa igrexa e o porticado da praza que a arrodea e abaixo dúas tradicións vencelladas coa música, a tradicional danza dos vellos e o palco da música que recorda á súa música, que en Bueu trouxo polas rúas cando se confeccionaba a súa alfombra.
É un novo traballo feito dende a solidariedade cos nosos amigos na distancia que non se esquece coa unión e forza que dende a Federación mostramos á hora de desenvolver os nosos proxectos.
Desexamos que gusten a todos a nosa actividade e participen nas vindeiras que iremos programando e anunciando.

Exit mobile version