Site icon Crónica3.com A Mariña

A “Ruleta da Sorte” da Federación de Comercio de Lugo chega a Burela este xoves

A iniciativa desenrolarase entre as 11.00 e as 14.30 horas no Campón da Vila e repartirá máis de 200 agasallos entre os clientes que presenten un ticket de compra dos establecementos asociados de Burela, e que realizaran unha ou varias compras entre o 1 e o 8 de outubro, por importe mínimo de 10 euros. Cada persoa pode tirar ata un total de 3 veces.

Exit mobile version