Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividade de animación á lectura no Vicedo: obradoiro Paisaxes de Sempre, para nenas e nenos de agora

É unha actividade de creación plástica que ten como principal obxectivo poñer en valor a todas as mulleres que destacaron polo seu talento e creatividade no ámbito da arte. Nesta ocasión afondarase na figura de María Antonia Dans. Debido ás restriccións establecidas pola COVID-19 só hai dispoñibles 10 prazas, polo que hai que reservar praza no teléfono 982 59 01 95. O obradoiro será o xoves 15 ás 16:30h, é gratuito e será impartido por persoal da empresa Costa Oeste.

Exit mobile version