As persoas que queiran participar, deberán anotarse, chamando ao 982 240 299 / 677 800 293, ou enviando un correo electrónico ao enderezo adegalugo@adega.gal co seu nome completo, documento de identidade e un teléfono de contacto.
O punto de encontro terá lugar ás 11:00h da mañá, na explanada que hai en fronte do restaurante “La Yenka” (Estrada da Praia, 32). Será preciso levar calzado axeitado, preferentemente impermeable, e luvas para unha maior seguridade durante a recollida.
A actividade realizarase seguindo as indicacións do protocolo de actuación editado por ADEGA, para unha axeitada limpeza ecolóxica de praias. Para evitar a propagación da COVID será necesario o uso de mascarilla, e manterase a distancia de seguridade durante a realización da actividade. Coordinaranse grupos reducidos de persoas.
VISIBILIZANDO O LIXO QUE BOTAMOS AO MAR
O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta. Os principais causantes son a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, a mala xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións…), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en xeral.
Recordamos que a finalidade desta iniciativa non é deixar a praias sen ningún residuo, senón visibilizar o impacto ambiental que a actual cultura de consumo de “usar e tirar” xera nos nosos areais. Desde ADEGA, queremos salientar con esta actividade que a Educación Ambiental é unha ferramenta moi útil para desenvolver accións de concienciación no medio natural.
A sensibilización do voluntariado é chave para a realización destas xornadas podendo observar de primeira man a cantidade de lixo a agochan a nosas praias.