Site icon Crónica3.com A Mariña

Antonio Reigosa presenta este domingo en Mondoñedo ‘Contrahistorias de Galicia’

 Mondoñedo, 15 de outubro, 2020. Antonio Reigosa presenta este domingo en Mondoñedo ‘Contrahistorias de Galicia’. Será ás 19:00h. no Auditorio Municipal Pascual Veiga con entrada libre ata completar un aforo limitado. O autor estará acompañado de Fran Bouso e Miguel Toval de Edicións Embora. Promove a Asociación As San Lucas de Mondoñedo

Sinopse

Son trinta CONTRAHISTORIAS ilustradas que constitúen unha suculanta proposta lectora para toda a familia, que provocan o diálogo interxeneracional e que manteñen accesa a chama da curiosidade, o instinto básico do ser humano.

Escrito por Antonio Reigosa e ilustrado por Rita Gutiérrez, este libro trae ao presente mediante textos breves, iluminados con marabillosas ilustracións, unha visión
desde ángulos dispares das memorias dunha presada de personaxes, algúns principais e outros, a maioría, secundarios e marxinais.

Un cóctel de buscavidas, vividores, inventores, peregrinos, bufóns, aventureiros e arteiros algúns vítimas da represión relixiosa ou política, e outros que protagonizan historias e sucesos inopinados.

As Contrahistorias da Mariña

Entre outros moitos personaxes e sucesos singulares, este libro contén a controvertida historia do achado do torque de Burela, a crónica do xastre peregrino Guillaume Manier que cruzou a ría de Ribadeo nunha lancha que el denominou “pont qui tremble”, a emotiva memoria dos convulsos amores de Pascual Veiga e Eustorgia Acebo, a dobre morte e condena social da compañeira do Gardarríos, Antonia Díaz Pérez, asasinaods en en Vilanova de Lourenzá ou a máxica determinación de Manuel Montero Rego para converterse en “O Merlín de Cunqueiro”.

Exit mobile version