Site icon Crónica3.com A Mariña

Aparecen dous espazos habitacionais no castro de San Tirso de Portocelo

Durante esta segunda semana de excavación apareceron estruturas de pedra de varios edificios pertencentes ao Castro. Atópanse en bo estado de conservación e posiblemente teñan unha cronoloxía de época galicorromana, como os castros de Punta Atalaia (san Cibrao) ou Fazouro (Foz). Posteriormente, e anulando parcialmente o sistema defensivo do castro asentaríase o mosteiro dúplice do século VIII, coa necrópole asociada. A semana próxima rematarán as escavacións arqueolóxicas cunha xornada de portas abertas preparada para o sábado 17. Debido á situación actual, prégase ás persoas que desexen achegarse, que o fagan inscribíndose previamente no Concello de Xove.

Exit mobile version