Site icon Crónica3.com A Mariña

Armada: “O Concello de Cervo xa lle requiriu á empresa concesionaria do Centro de Día Residencia que repuxese con urxencia o servizo de ascensor”

 Cervo, 19 de outubro de 2020. A edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recórdalle aos concelleiros do BNG, “aínda que xa deberían estar ao tanto polo cargo que representan”, que as instalacións do Centro de Día Residencia contaron con todos os informes de inspección favorables no seu día, “que acreditan que dispón de todos os servizos que marca a normativa para un centro destas características”, o que inclúe un ascensor como o que dispón.

Armada, quixo aclarar, non obstante, que desde o Concello de Cervo, xa lle requirimos á empresa concesionaria “que repuxese con urxencia o servizo do elevador”; cuxas tarefas de mantemento están entre as súas obrigas; e precisan que lle pedirán responsabilidades por mantelo inoperativo durante días, co correspondente prexuízo que isto supón para as persoas usuarias e para os/as traballadores/as do centro.

Exit mobile version