Yaiza adiantou as herculinas superado a mediania da primeira parte en dous segundos, nun pase longo ao que non repregou a defensa laranxa e sentenciado cun balón raso. Antes as de Amarelle tan só dispuxeran dunha leve ocasión no 8, cunha tentativa de pase de Patri Corral que se esvaeu nos últimos metros. As de Julio Delgado, no entanto, avisaran e moito sobre Leti Rojo, con ata tres paus. Todo o peso da cita seguiu sendo das de Julio Delgado pero non conseguían a recompensa merecida.
Ante un Amarelle que non tivo presenza en ataque o Pescados Rubén armouse de paciencia no reinicio. Cristina, no 27, materializou a igualada máis que merecida; antes Bea Mateos, a propia Cristina e Cami xa avisaran con moito perigo. No 30 Dany, por fin, puxo por diante as da Mariña, sen cesar non seu asedio sobre a rede coruñesa aínda que hoxe non era o día das burelistas en afinación.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Lara Balseiro, M. Cortés, cinco inicial; tamén xogaron Cami, Bea Mateos, Cristina, Elena Aragón, Jenny, Sandra Buzón
Viaxes Amarelle FSF: Leti Rojo, Candela, Cris Lourés, Yaiza, Martita, cinco inicial; tamén xogaron Patri Corral, María Gómez, Laura Doce, Sofía
Goles: 0-1, minuto 11, Yaiza; 1-1, minuto 27, Cristina; 2-1, minuto 30, Dany
Árbitros: Salinas García // Vieito Regueira. Por Burela amarela para Lara Balseiro (minuto 32)
Incidencias: Partido correspondente á volta de semifinais de XIV Copa Galicia disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.