Brais tomaba parte das probas de lanzamento de peso e xavelina, cuns magníficos resultados.
Pasadas as 5 da tarde foi a quenda do lanzamento de peso, onde unhas molestias musculares lle impediron rendir ó 100%. Ainda así, Brais acadaría a terceira posición e con elo a medalla de bronce autonómica. Os seus lanzamentos foron X- 9.45- 11.34- 10.60 m. respectivamente.
Sen tempo para a recuperación era o turno da xavelina, onde Brais lograría unha moi meritoria cuarta praza, cuns lanzamentos de 31.15- X- 30.77- 29.95 m. respectivamente. Igualmente satisfeito quedaba o atleta ribadense, posto que nesta disciplina melloraba en case un metro o seu mellor rexistro anterior.
Con este campionato Brais pon fin a esta tempada, coa incerteza de se a próxima comezará coa pista cuberta ou se verá afectada pola pandemia do Covid-19.