Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG insta á Xunta de Galicia a convocar a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal para solicitar fondos europeos Covid-19

Compostela, 26 de outubro, 2020. Sorprende que falando de opcións e proxectos de carácter europeo non se aproveiten as sinerxías entre Galicia e Portugal. Buscando proxectos transfronteirizos que supoñan intercambio e emprego, “en contraposición pola aposta do goberno central e do PSOE polo corredor Mediterráneo, coa calada do PSdG, a Xunta está na obriga de traballar con Portugal, para facer escoitar a nosa voz en Europa”, manifestou Piñeiro Docampo, secretario xeral do Galeguistas.

Dende Compromiso por Galicia entendemos que este pode ser un efecto diferenciado á hora de acceder a máis fondos de recuperación é consideramos un erro que dende a Xunta no se estean xa a artellar estas medidas, mirando claramente a Madrid cando temos opcións de colaboración directa cun Estado europeo.

Ficou claro na pandemia e no confinamento a importancia económica para Galicia da relación con Portugal, motivo suficiente para reactivar pontes e volver a darlle contido a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, como xa reclamamos dende CxG en Xullo nun acto conxunto en Caminha entre CxG e o PDR de Portugal. A Euro-Rexión foi vítima no seu día do bipartito entre PSOE e BNG que a baleiraron de contido.

Exit mobile version