Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega destaca o apoio da Xunta para impulsar e conservar o patrimonio cultural da ría co proxecto do Galeón

 Ribadeo, 27 de outubro de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo e tamén deputado autonómico, Dani Vega, destaca o novo investimento da Xunta de Galicia “para o noso pobo”. Trátase do proxecto impulsado polo Goberno galego para impulsar e conservar o patrimonio cultural da ría, a través do proxecto de Galeón.

E é que o pecio de San Giacomo é un dos grandes achádegos da súa época e aporta unha importante información arqueolóxica. “Moitas universidades e moitas institucións, como a Armada Española, e o Real Clube Náutico local están defendendo todo este legado”, afirma Vega.

A este respecto, explica que, “con este apoio por parte do Executivo de Alberto Núñez Feijóo, durante tres anos continuados, debemos conseguir que Ribadeo tutele este patrimonio cultural subacuático”.

Exit mobile version