Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega destaca os preto de 39.000 euros que a Xunta achega para a reforma da praza de abastos ribadense e que supón máis do 50% do total do orzamento

 Ribadeo, 7 de outubro de 2020. O voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega, salienta os preto de 39.000 euros que achega a Xunta de Galicia para a reforma da praza de abastos de Ribadeo e que supón máis do 50% do orzamento total da obra. A Xunta xa transferiu á administración local o 50% desta axuda.

O popular considera que “a praza de abastos é fundamental para Ribadeo” e defende que “este orzamento contribúe á súa dinamización económica” e, polo tanto, á reactivación do tecido económico local, tal e como ven reivindicando o Grupo Municipal Popular ribadense nos últimos meses co obxectivo de manter en funcionamento as empresas do municipio tras afrontar unha difícil situación derivada das medidas aplicadas por mor do estado de alarma.

Vega manifesta o seu apoio “ao comercio de proximidade” e explica que “o Grupo Municipal Popular tomou moi en serio a axuda directa á praza de abastos dende o comezo da crise derivada da pandemia da covid”. Así, apunta que “a Xunta ten achegado material de protección (EPIS e vestiario) ou produtos desinfectantes para o lugar de traballo”.

Exit mobile version