Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves arrancou Sanci Tapeando

Este xoves regresou Sanci Tapeando coa degustación de diferentes receitas culinarias en 7 locais hostaleiros da vila. A proposta para este primeiro día da nova tempada foi: Café bar O Faro: flamenquín con cebola caramelizada. Mesón A Bodega: Desmigado de peixe. Café Bar Maruxaina: filloas recheas de ourizo. Pizzería O Trasgo: taquiños de polo con dúas salsas. Cervecería Las Titas:delicias de xamón serrano. Terraza O Noso Lar: bacallau á nata. (Cervecería O Encontro tamén se suma á iniciativa pero a partir do xoves 15 de outubro incluído)

Exit mobile version