Site icon Crónica3.com A Mariña

Arranxar as fochancas entre a escola vella de Area e a Zona de Brieiro, unha das reclamacións de Por Viveiro

 Viveiro, 3 de outubro, 2020. POR VIVEIRO presenta ao PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VIVEIRO, os seguintes:
ROGOS:
1. Na Praza de Juan Donapetry, están colocalas unhas bolas de protección para que os vehículos non invadan as beirarrúas. Normalmente estas bolas metálicas, están colocadas na propia beirarrúa e non na praza de aparcamento, tal e como sucede nesta localización.
E por isto que rogamos ao equipo de goberno, que revise a correcta posición das mesmas, e de non ser así, que se proceda a cambialas.
2. Na zona de Xunqueira existen varias incidencias que comentamos a continuación:
2.1. A barandilla da ponte vella, está rota dende a pasada riada, sendo substituída por unhas vallas de obra de cor amarelo. Entendendo que xa transcorreu un tempo suficiente para solucionar esta cuestión, e tendo en conta que nada ten que ver isto, coas obras previstas na zona. Rogamos ao equipo de goberno que proceda á súa reposición, co obxectivo de mellorar a imaxe da zona, así como a seguridade das persoas.
2.2. Na zona do campo da festa de Xunqueira, e atravesando un regato, hai un tubo de saneamento, que verte directamente sobre o propio regato. Rogamos ao equipo de goberno que poña solución a esta situación.
2.3. O lavadoiro de Xunqueira quedou inutilizado dende a catastrófica riada. Rogamos ao equipo de goberno, nos informe se é posible a súa posta en funcionamento, mentres se estuda a posibilidade do seu cambio de ubicación.
3. O camiño entre a escola vella de Area e a Zona de Brieiro, está cheo de fochancas. Rogamos ao equipo de goberno que nos informe cando teñen pensado proceder á súa reparación.
4. No pasado pleno do mes de agosto aprobamos por unanimidade unha moción para o impulso do Plan Xeral de Ordenación Municipal. No pasado pleno de setembro, preguntamos novamente cando se ía levar a cabo a comisión de seguemento do PXOM, e tivemos por resposta que “en breve”. Pasados quince días dende o último pleno, e esta resposta, rogamos ao equipo de goberno que convoque a comisión e cumpra co acordado nos plenos de agosto de 2019 e agosto de 2020.

Exit mobile version