Site icon Crónica3.com A Mariña

Gonzalo Caballero chama a facer “unha fronte común” ante a “chantaxe” de Alcoa: “hai que rexeitar o ere e impedir que paren as cubas”

 Santiago, 9 de outubro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe á Xunta e ao Goberno de España a facer “unha fronte común” ante a “chantaxe” de Alcoa ao anunciar a aplicación do despido colectivo.

A Xunta, como recordou Gonzalo Caballero, é a autoridade laboral, e correspóndelle agora “rexeitar o ERE” presentado pola multinacional tras constatar que “actuou de mala fe” segundo a lexislación mercantil.

“Hai que manter a actividade das cubas”, recalcou o líder do PSdeG ante a decisión de Alcoa de paralizar a produción en San Cibrao no canto de formalizar a venda da planta ao inversor atopado polo goberno de España, o grupo Liberty House.

Neste escenario, Gonzalo Caballero incidiu en que “hai que intervir para imposibilitar o peche” de Alcoa San Cibrao, consciente de que se trata dunha factoría “fundamental” para o emprego na Mariña de Lugo.

Exit mobile version